domingo, diciembre 23, 2007

Miguel Fernandez Lores: Volta ao caciquismo

Moito choveu dende os tempos nos que nos pobos soamentes uns poucos tiñan dereito a cultura.As familias pasábano realmente man para poder conseguir alimentos para os seus e algo de roupa para non morreren do frio.Naqueles tempos o poder estaba moi centralizado en catro ou cinco persoas, os poucos que sabían ler.Estas figuras respondían a un estereotipo bastante común:
-o cura, tiña terras , tiña cartos e influencias. Tiñan un nivel cultural bastante bo e o que era peor, contaban co favor de Deus, xa que a xente ainda era moi creente e deixabanse guiar polo cura.Traballaban para el de balde, tiñan que pagarlle unha parte dos seus exiguos ingresos e a sua autoridade era incustionable.as misas dábanse en Latín, o cal era un auténtico descoñecido para o pobo, que tiña que fiarse despois da interpretación que que lle daba o párroco( xeralmente mirando polo seu cu).
-o boticario; tiña estudios e tamen tiña cartos.Era unha persoa de moita relevancia na sociedade daquela época.
O médico;Soian ser fillos de familias pudentes, viñan de estudiar en Santiago e xeralmente tiñan máis fidelidade o seu amor polos cartos ca o xuramento Hipocrático.
O Alcalde; Normalmente tiñan moitas terras e pouca cultura, pero estaban ben asesorados polo párroco e polo boticario.Actuaban por e para o seu ben. Eles partían e repartíana sua maneira mentres o resto da xente calaba a boca e traballaba de sol a sol.
Este conxunto de persoas soian ter reunións para xogar as cartas, para determinar solucións os problemas que soian acontecer por aqueles tempos.
O fenómeno do Caciquismo chegou a extremos dificiles de crer; era moi común a suplantación ou duplicación de sufraxios nas eleccions , en moitas votacións xentes pagadas polos caciques cambiaban as urnas dos votos por outras con papeletas de xeito que sempre voltaban a gañar.A xente sabía que isto ocorría pero non protestaban. Feitos coma eses dannos unha idea do que eran capaces de chegar a facer.
Neste século XXI cando xa supoñemos que isto son feitos xa extinguidos topámonos con feitos dun calibre similar, o que ocupa agora o meu tempo e un acontecido en Pontevedra estes meses pasados, o culpable: o alcalde Miguel Fernandez Lores.
O caso e que hai un proxecto de ampliación do estadio municipal do Pasarón.Por falta de espazo queren tirar unhas vivendas e acordaron unhaq tasación.Pois para sorpresa de todos e especialmente para María Jesus Maquieira,José Martinez e seus fillos unha vivenda de pedra de 235 metros cadrados ( aproximadamente equivale a 5 apartamentos dos que se fan agora na mesma cidade e se venden por 180.000 euros ou máis) soamente foi tasada en 43400 euros, que veñen a ser pouco máis de 7 millóns das antigas pesetas.
Esta familia obviamente indignada por tal aberración negouse a vendela, e agora vanlla a expropiar.Denunciaron o feito e mesmo puxeron uns carteis na fachada da casa denunciando o feito, polo menos que saia a luz pública o que lles ocorre.Pois o alcalde Lores indignouse todo polo dos carteis, él indignouse, pero mentres él vive na sua casa de pedra sen que ninguén lle vaia a toca-lo carallo, hai unha familia que sinte como e humillada por este FILLO DE PUTA e os seus secuaces.non e xusto que che den a décima parte do que vale a tua casa e que te boten a rua, non e xusto que despois dunha vida de traballos para chegar a unha vivenda veña un imbécil e bote todo por terra, non e xusto que teñamos que tragar con iso.NÉGOME A ACEPTALO e coido que todos os cidadans deberiamos de Ser solidarios con esta xente.Mañan pódenos ocorrer a nos.Si Lores cree que a casa vale 7 millons pois que lle dea a sua casa a esa familia e que colla el os 7 millóns a ver que compra, supoño que acabaría vivindo debaixo dun puente do rio Lerez, do cal fixo unha campaña titulada PURO LEREZ dando a entender que as suas augas son boisimas.Ocorreseme unha idea señor Lores, si tanto lle gusta o Lerez amarre unha pedra ao pescozo e tirese a el diante de Tafisa, fáganos un favor a todos e quítese do medio PAPAOSTIAS.

No hay comentarios: